O Rácing Vilalbés empata sen goles co líder na Magdalena

Nun partido protagonizado polo vento, máis intenso na primeira metade, os de Simón Lamas seguen sumando

G24.gal 04/11/2023 17:59

O Rácing Vilalbés e o Zamora xogaron un partido moi condicionado polas difíciles condicións climatolóxicas. O temporal Domingos lanzou os seus fortes ventos que, especialmente na primeira mtade, fixéronlle difícil aos galegos saíren do seu propio campo. En calquera caso, o conxunto de Simón Lamas exhibiu a súa fortaleza e evitaron as ocasións claras do Zamora.

Algo similar aconteceu na segunda metade. Malia a que o Vilalbés atacaba a prol do vento, este diminuiu a súa intensidade e non axudou a que chegase esa primeira vitoria da temporada na Magdalena. De feito, as mellores ocasións chegaron no tempo engadido con senllos lanzamentos de falta a prol do Zamora que se pasearon pola área local.

Aínda así, o equipo lugués continúa unha xornada máis na metade alta da táboa, mentres o Zamora segue a dar síntomas de febleza despois dun inicio de temporada rochoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar