O Rácing quere superar o Leganés para enfrontarse a un equipo de Primeira

O partido verémolo o xoves ás 20:00 na G2

G24.gal 05/12/2023 22:18

O Rácing recibirá o xoves ao líder da Segunda División, o Leganés, na Malata. Será as oito da tarde e poderán seguilo pola nosa segunda canle. Un novo enfrontamento entre ambos equipos que xa se viron as caras hai tan só dúas xornadas nun partido marcado pola inxusta expulsión de David Castro cando os ferroláns gañaban por dous goles, un partido que rematou con empate en Butarque.

O cadro ferrolán quere superar esta segunda eliminatoria, unha circunstancia que o podería emparellar a un rival da Primeira División na seguinte fase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar