O ministro de Migracións reúne concellos e comunidades que van acoller migrantes procedentes das Canarias

Este luns prevese que comece a chegar a Galicia o primeiro grupo, de case 400 persoas

G24.gal 30/10/2023 14:39 Última actualización 30/10/2023 14:49

O ministro de Migracións convocou unha reunión para este martes cos municipios e comunidades nas que está prevista a chegada de migrantes para informalos sobre o dispositivo para atender a crise migratoria que sofre o arquipélago canario. A semana pasada foron trasladadas á Península entre cinco mil e seis mil persoas. 

Presidentes autonómicos e locais veñen denunciando durante os últimos días falta de coordinación por parte do Goberno central. 

Ao longo deste luns está previsto que chegue o primeiro grupo da case catrocentas persoas que serán trasladas a Galicia. A semana pasada xa chegaron 26 inmigrantes, que se repartiron entre A Coruña e Vigo. 

O ministro do Interior en funcións viaxa ao Senegal para tratar de que o país africano lle poña freo á avalancha de embarcacións que trouxo ata as costas canarias máis de trece mil migrantes só no mes de outubro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade