O Lugo empata ante o filial do Barça (1-1)

O Lugo adiantouse co gol de Nacho Quintana, pero Pau Victor empatou axiña

A pesar das ocasións, non se desfixo a igualada

G24.gal 10/12/2023 19:51

O Lugo e o Barça Atlètic asinaron un empate no Anxo Carro. Os lucenses gozaron de oportunidades no primeiro tramo do encontro. Aos 11 minutos, unha recuperación en campo rival e unha boa acción colectiva rematou con Nacho Quintana internándose na área rival e cun disparo cruzado fixo o 1-0. Pouco lles durou a alegría aos locais. Aleix Garrido recibiu un balón na frontal da área e cargou o disparo. Pau Victor, que estaba por alí, chocou co balón e superou a Tabuaço facendo o 1-1. Os cataláns apertaron a defensa local e un disparo de Alarcón desde a frontal fixo voar o gardameta dos lucenses. O Lugo tamén tivo a súas chegadas, sobre todo, cunha cabezada de Quitana que marchou por riba do traveseiro.

Na segunda metade, os visitantes fixéronse coa posesión do balón, pero ambos os equipos tiveron chegadas de perigo. Primeiro, Antonetti cun remate de cabeza que marchou preto do pau. O Barça Atlètic gozou dunha clara ocasión para facer o gol. Unai Herández co calcaño marchou do seu defensor e puxo o balón ao corazón da área, pero o remate de Alarcón foi rexeitado por Tabuaço. Nos derradeiros minutos, tamén a tivo o Lugo... Despois, Victor Narro conectou un disparo pero a defensa catalá rexeitouna baixo os paus

Con este resultado, os de Munitis colócanse sétimos con 26 punto a tan só un punto da promoción, que ocupa o propio Barça Atlètic. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade