O futuro climático decídese en Dubai

Do 30 de novembro ao 12 de decembro celebrarase a COP28

Un cumio marcado por polémica, combustibles fósiles e emsións de carbono

Bandeiras anuncian o comezo da COP28 en Dubái (Reuters) Bandeiras anuncian o comezo da COP28 en Dubái (Reuters)
G24.gal 29/11/2023 17:20

Altos cargos políticos e investigadores de 197 países encontraranse a partir de mañá en Dubai para discutir o futuro climático global. O 28 Cumio do Clima (COP28) móstrase especialmente determinante para o futuro climático. 

Constitúe a que podería ser a última oportunidade para non superar os niveis de quecemento global perigosos para a humanidade.

Á lista de políticos e investigadores, únense activistas, expertos, científicos, industriais e sociais en búsqueda dunha solución para a crise climática que se vive na actualidade. Son decenas os líderes estatais que xa confirmaron a súa presenza, entre eles o presidente español Pedro Sánchez. 

Non está prevista a aparcición do presidente dos EUA, Joe Biden. Tampouco a do papa Francisco por porblemas de saúde

 

Sede da COP28 (Reuters) Sede da COP28 (Reuters)

Os temas clave

As principais temáticas postas a debate serán: o acordo dun abandono progresivo dos combustibls fósiles, asegurar o financiamento suficiente para unha transición xusta e ver como manter vivo o obxectivo de quecemento global recomendado pola ciencia.

Outra das decisións clave xira arredor do Balance Global, primeiro balance mundial da ONU sobre os avances con respecto ao Tratado de París (2015) Este constata que as accións levadas a cabo para mellorar a siuación climática son insuficientes para non traspasar o limiar de seguridade que grante un fututo climático aceptable.

Segundo o informe sobre a Brecha de Emisións 2023, esta vez tendo como autor o Programa das Nación Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), confírmase que as promesas de acción climática actuais conducen o mundo cara a un aumento da temperatura  de entre 2,5 graos e 2,9 graos este século. Por isto, sería necesario un recorte do 42% das emisións para o 2030 se se quere alcanzar a traxectoria de 1,5 graos, marcada no Tratado de París.

Inundacións debidas ao clima extremo (Reuters) Inundacións debidas ao clima extremo (Reuters)

Un cumio marcado pola polémica

Esta COP28 chega envolta nun ambiente de polémica. O anfitrión e responsable de marcar os temas principais é Emiratos Árabes Unidos, baixo o liderado do sultán Al Yaber, ministro de Industria e director xerente da Compañía Nacional de Petróleo en Abu Dabi. Precisamente, nun cumio que pretende abordar principalmente os combusibles fósiles e as emisións de carbono.

Engadido á polémica xerada polo lugar que acolle o cumio e polo encargado de dirixila, tamén existe un clima de desconfianza por parte de varios críticos ecoloxistas. Non ven claro que se consigan resultados positivos na reunión.

O feito refórzase logo de que unha información publicada pola BBC revelara que o líder da conferencia, Al Yaber, utilizara a súa condición de organizador da COP para buscar acordos de negocio petroleiros e gas con case 30 países.

Ademais, celébrase en Dubai, cidade rica polo petróleo, o turismo de luxo e a construción de infraestruturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade