Europa quere que o Cumio do Clima fixe datas para a fin dos combustibles fósiles

A ministra Teresa Ribera cualifica de vago o documento consensuado ata o momento

Teresa Ribera representou en Dubai á presidencia rotatoria da Unión Europea
G24.gal 09/12/2023 20:05 Última actualización 09/12/2023 20:24

A Unión Europea quere que do Cumio do Clima saia unha data clara sobre a fin dos combustibles fósiles no mundo. A posición comunitaria foi defendida en Dubai polo comisario de Acción Climática da Unión e pola representante da presidencia europea ata fin de ano, a ministra española para a Transición Ecolóxica.

A ministra española criticou as presións da OPEP

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, rexeitou diante do pleno da conferencia as dificultades que poñen ao acordo os países produtores de petróleo, agrupados na OPEP. 

A UE esixe a fin dos combustibles fósiles para afrontar o cambio climático

Tanto a representante española coma o comisario europeo do sector din que o cumio de Dubai ten que fixar o comezo da fin dos combustibles fósiles, porque a ciencia demostrou que non hai outra alternativa para afrontar o cambio climático.

A delegación da Unión Europea cualificou de vago o texto acordado ata o momento

Os representantes comunitarios cualificaron de vago o texto consensuado ata o momento no Cumio do Clima de Dubai.

"A nosa batalla vai ser a dunha maior precisión, marcando datas, marcando porcentaxes, marcando a necesidade de comezar polo carbón, por novos investimentos. E creo que haberá unha oposición forte, é obvio, pero merece a pena dar a batalla", afirmou en Dubai a ministra española de Transición Ecolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade