O Ensino vence o Baxi Ferrol nun derbi con moito sufrimento (67-69)

O equipo ferrolán tivo a opción de gañar o partido no último lanzamento

G24.gal 09/12/2023 21:03

O Ensino venceu no derbi galego celebrado na Malata por 67 a 67 fronte o Baxi Ferrol.

A base de triplas manexou o primeiro cuarto o Baxi Ferrol, pero Lamana, Millán e Tate reaccionaron no segundo ata colocar o resultado no descanso  con vantaxe das lucenses por 45 a 38. 

O terceiro cuarto foi para as de Lino López, que volveron coller o tintimán do choque ata un novo pulo das xogadoras e Antonio Pernas. Xa que logo, o final igualado era xa un feito. 

Apareceu o pulso firme de Boa Sánchez para anotar de tres no momento máis quente do partido e respondeu Mataix cunha canastra de dous puntos. Logo o tapón de Lidia Giomi, decisivo...

Na derradeira posesión, cun tiro a desesperada e Howard con pouco máis dun segundo a pelota non entrou e o Durán Maquinaria Ensino sumaba un novo triunfo, o cuarto consecutivo que achega as lucenses á copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos