O Celta Zorka estrea o taboleiro de vitorias asaltando a pista do Barcelona

As de Cristina Cantero fixeron un gran partido e gañaron por 59-70

Vitoria clara do Durán Maquinaria Ensino ante Gran Canaria (77-68)

O Perfumerías Avenida impuxo a lóxica na Malata (39-64)

G24.gal 19/11/2023 17:27

O Celta Zorka Recalvi sumou a primeira vitoria da temporada na pista do Barcelona. Tardou oito xornadas, pero será un triunfo que suba moito a moral das xogadoras de Cristina Cantero. Gran partido das viguesas, que dominaron todos os cuartos. Ao descanso gañaban por 36-39 e no segundo tempo aguantaron a presión local para levar os puntos cun 59-70. A ourensá Paula Ginzo foi a máxima anotadora do partido, e polo conxunto galego destacaron Musa (13) e Aguilar (11). 

 

O Durán Maquinaria Ensino conseguiu a vitoria máis cómoda da temporada ante o Gran Canaria (77-68). No primeiro cuarto encamiñou a vitoria o equipo lucense grazas a un demoledor parcial de 27-11. Con esa vantaxe foi xogando o Ensino e viu como no terceiro cuarto recortaba diferenzas o conxunto canario (59-48), pero o triunfo nunca perigou. 

A derrota foi para o Baxi Ferrol que perdeu na casa fronte ao poderoso Perfumerías Avenida. Despois dun bo primeiro cuarto (17-17), ás ferrolás atragoóuselles a defensa do equipo salmantino. Só deron anotado seis puntos entre o segundo e o terceiro cuarto, que rematou cun resultado de 23-48. Ao final o marcador quedou nun claro 39-64. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade