O Celta levaba sete meses sen manter a portería a cero

A última vez foi o 18 de marzo, cando os célticos derrotaron 1-0 o Elxe cun gol de Aidoo

G24.gal 27/11/2023 13:44

O Celta disputará o vindeiro luns a súa primeira final pola permanencia ante o Cádiz, un duelo de máxima urxencia ao que chegará despois de celebrar a súa primeira portería a cero en sete meses.

Desde a súa chegada ao banco de Balaídos, Rafa Benítez marcouse como obxectivo blindar a súa portería para reducir a cantidade de goles que encaixara o equipo celeste nas últimas tempadas. O técnico madrileño probou varios sistemas, cambiou a parella de centrais e porteiros, pero non foi ata o pasado sábado cando o seu equipo, con Vicente Guaita como gardameta titular, celebrou en Mestalla a súa primeira portería a cero do curso ligueiro trece partidos despois de empezar a Liga cun 0-2 ante o Osasuna.

Para lembrar outra portería a cero do Celta no campionato ligueiro hai que remontarse ao 18 de marzo, cando os célticos impuxéronse ao pechacancelas Elxe pola mínima cun tanto do central Aidoo no último minuto.

Desde entón, transcorreron 20 partidos de Liga e en todos eles o Celta sempre encaixou gol, asinando a peor serie da historia do Celta, que databa de 1948.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar