O Celta Fortuna gaña e ponse líder (2-0)

Os dous tantos de Alfon foron suficientes para que os galegos conseguisen a vitoria

G24.gal 09/12/2023 21:56

Celta Fortuna e Cultural Leonesa desputaban en Balaídos o liderado da 1ºRFEF. Os de Claudio Giráldez fixéronse donos do partido desde o comezo. Pablo Durán tivo varias oportunidades para abrir a lata e Alfon reclamou un penalti. Foi o propio Alfon quen puxo o 1-0. Internouse na área e cun forte disparo cruzado superou ao gardarredes visitante. Os locais seguiron buscando o segundo gol, pero a Cultural comezou a chegar con perigo.

Á volta dos vestiarios, os leoneses foron quen de roubarlle o balón ao filial celeste, pero a defensa local desbaratou as ocasións que tiveron. Con todo, no 75', Alfon recibiu un balón á carreira e, diante do porteiro, volveu definir cruzado coa perna esquerda. Nos minutos finais, o colexiado anulou por fóra de xogo un gol a Jaume Pol. 

Con este resultado, o Celta Fortuna colócase na cabeza da táboa e a Cultura é 2º a 2 puntos dos rapaces de Giráldez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos