O Celta agarda que a vitoria na Copa sirva de trampolín para a Liga

O momento é delicado, pero un triunfo sempre dá a confianza necesaria para afrontar o encontro co Sevilla en Balaídos

G24.gal 02/11/2023 22:08

Dous goles de Bamba e outros dous de Carles Pérez déronlle ao Celta non só o pase á seguinte rolda da Copa senón a confianza que precisa para afrontar as próximas citas ligueiras.

O momento na liga é delicado: sete partidos sen gañar, seis puntos en once xornadas e o equipo en postos de descenso. O sábado agarda o Sevilla en Balaídos. Ante os andaluces, tamén clasificados na Copa, o Celta buscará a primeira vitoria na casa. O Turégano axudoulles a cambiar a mentalidade. E quizais tamén a inesperada visita de Nolito a Afouteza.  

Para a cita ante o Sevilla, Rafa Benítez recuperará a Iago Aspas, que nin viaxou a Segovia, e desvelará por fin a incógnita da portería. Ante o Turégano foi titular Iván Villar, e o equipo non recibiu. Unha boa noticia, dixo o adestrador ao remate do encontro. Pero horas antes evitaba mollarse na escolla.

Na Copa non puido xogar o recuperado Marchesín, sancionado no último encontro do torneo a temporada pasada. Guaita tivo a súa primeira titularidade ante o Xirona tras a expulsión de Iván Villar a xornada anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos