O Breogán duroulle catorce minutos ao Real Madrid (91-58)

O equipo galego freou a produción ofensiva no segundo cuarto en que o Real Madrid comezou a decidir o partido

No segundo tempo, as diferenzas movéronse por riba dos vinte puntos

G24.gal 03/12/2023 13:47 Última actualización 03/12/2023 15:19

Catorce minutos foi o que lle durou o Breogán ao Real Madrid. O equipo galego realizou un gran primeiro cuarto e marchou en vantaxe (17-19), foi por diante ata o 24-25 a 6:30 para o descanso. 

Ata aí durou a resistencia breoganista. Nos últimos oito minutos dese segundo cuarto só deu anotado catro tiros libres e o Real Madrid encamiñou a vitoria cun parcial de 9-0 nos últimos minutos do período, para chegar ao descanso cun 41-28. 

O terceiro cuarto xa foi o da sentenza, cun Real Madrid imparable no aspecto ofensivo conducido por Alocén con nove puntos, ben secundado por Causeur e Musa. O exbreoganista foi o máximo anotador do seu equipo con 17 puntos. O máis atinado cara ao aro contrario foi Juan Fernández con 19 puntos. 

As vantaxes movéronse arredor dos trinta puntos (68-40 ao final do terceiro cuarto) e co equipo lucense pensando nos vindeiros compromisos nas pistas do Bursaspor e do Bilbao Básket. O resultado final de 91-58 quedou en anécdota. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos