O Breogán aproba un presuposto de case 4 millóns de euros

Terá un gasto salarial en corpo técnico e xogadores do primeiro equipo de algo máis de dous millóns (2.260.000 euros)

Foto @CBBreogan Foto @CBBreogan
G24.gal 28/11/2023 12:16 Última actualización 28/11/2023 12:20

O Río Breogán aprobou un orzamento que roza os catro millóns de euros (3.942.437 euros) para a tempada 2023-24, na que estima un gasto salarial en corpo técnico e xogadores do primeiro equipo que ascende aos dous millóns (2.260.000 euros).

O regreso a unha competición europea, a liga de Campións, permitiulle ao club lucense disparar case un 20 por cento o seu orzamento respecto á pasada tempada, con catro principais fontes de ingresos; patrocinadores privados e públicos, venda de dereitos audiovisuais e ingresos por abonados e ticketing.

Carmen Lence, Alfonso Orol, Narciso Fernández e Tito Díaz continuarán no novo consello de administración del Río Breogán, que terá que elixir nos próximos días ao seu novo presidente tras a renuncia de José Antonio Caneda a seguir no cargo.

Ademais, os accionistas da entidade aprobaron a incorporación dun conselleiro representativo da Fundación Breogán, que está dirixida nestes momentos polo exxogador Salva Arco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos