O Barcelona aperta o acelerador no último cuarto para gañar no Pazo (63-79)

O Breogán estivo metido no partido ata o 58-60, intre en que recibiu un parcial de 0-15

Boa estrea de Justin Anderson con 12 puntos

G24.gal 05/11/2023 19:06 Última actualización 05/11/2023 20:06

O Breogán competiu ben ante o Barcelona pero sumou unha nova derrota (63-79). Estivo metido no partido ata o minuto 32, pero o Barcelona acabou impoñendo a lei no período decisivo. Estreouse como xogador lucense Justin Anderson e tivo unha boa actuación (12 puntos). 

Tocoulles ir a remolque aos de Mrsic durante todo o partido. O Barcelona comezou marcando un ritmo moi forte, que seguiu o Breogán grazas ao traballo de Sajus baixo os taboleiros (19-21). No segundo cuarto volveu o momento crítico local en ataque. Aínda así os galegos estaban metidos no partido ao descanso (31-39).

Gran terceiro cuarto do Breogán. Sajus e Juan Fernández estaban moi atinados na pintura e impedían que o Barcelona marchase (51-57). De feito, conseguiron poñerse a só dous puntos cunha canastra de Justin Anderson (58-60). 

Grimau pediu un tempo morto e cambiou o ritmo do partido. O que veu xa foi definitivo. Un parcial de 0-15 con que o Breogán deixou o partido visto para sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar