O Arenteiro namora e apaña a terceira vitoria consecutiva (2-0)

Luís Chacón e Manín marcaron os goles do equipo do Carballiño, que está cada vez máis preto do ascenso

G24.gal 03/12/2023 21:30

A tres puntos dos postos de promoción de ascenso sitúase un sorprendente Arenteiro, que esta noite deu boa conta do Sabadell. Dous a cero venceron os de Javi Rey nun Espiñedo moi castigado pola chuvia. Abriu o marcador Chacón preto do descanso con esa cabezada. E Manín, cun gran remate co calcaño, aseguraba un novo triunfo dos do Carballiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar