Mouriz recoñece na Radio Galega as ofertas de equipos de Primeira por Carlos Vicente

"O árbitro de Leganés non estivo acertado, pero nada máis", dixo o director deportivo, quitándolle ferro á actuación de González Díaz

"Sigo mirando para o descenso e que nos quedan 22 puntos para o obxectivo"

G24.gal 28/11/2023 10:13

O director deportivo do Rácing de Ferrol, Carlos Mouriz, pasou polos micrófonos do programa da Radio Galega Ao contraataque. Analizou a actualidade do cadro ferrolán, os obxectivos do club e a actuación arbitral de González Díaz do pasado domingo en Butarque. 

Unha das cuestións fundamentais é o futuro de Carlos Vicente. Hai unhas semanas dicía que ninguén se puxera en contacto co Rácing, pero na Radio Galega recoñeceu que "houbo equipos da Liga que chamaron para interesarse pola súa situación". Descoñece se sairá no mercado invernal e recalca que o compromiso do xogador co club é máximo. 

Tamén aproveitou para quitarlle ferro á actuación arbitral en Leganés que, posiblemente, lle custou dous puntos ao Rácing: "O árbitro non tivo unha boa tarde, pero nada máis", comentou Mouriz. O que non entende é o xeito en que están a empregar o VAR na Liga, "atendendo a xogadas moi pequenas cando a ferramenta se dixo que era para grandes erros". 

Con respecto aos obxectivos do club a súa postura non varía malia a clasificación. "Sigo mirando o descenso e que nos quedan 22 puntos para o obxectivo", comentou o director deportivo racinguista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos