Mingueza ten claro que os xogadores deben estar afeitos a convivir coa presión

Sobre o posible interese do West Ham para contratalo en xaneiro: "Non teño nada pensado, ninguén contactou conmigo"

G24.gal 21/11/2023 17:01 Última actualización 21/11/2023 17:05

Volve a liga para o Celta, e faino coa obriga de tentar gañar en Mestalla. O Celta non vence desde o pasado 1 de setembro. Pasaron 50 días daquela vitoria en Almería e desde entón o equipo tan só logrou sumar tres puntos. Mingueza recoñece que o equipo ten marxe de mellora, sobre todo en defensa, pero o feito de estar en descenso non debe afectarlles. Queda moita liga, e Mingueza ten claro que os xogadores deben estar afeitos a convivir coa presión.

"A presión e a ansiedade é algo do día a día. Os mellores equipos son os que mellor levan iso".

"En Barcelona hai moita máis presión que aquí. Nós temos que saber vivir con ela".

Falou tamén do posible interese do West Ham para contratalo en xaneiro.

"Non teño nada pensado, ninguén contactou comigo".

"É un equipazo historicamente, un club en Londres, é moi bonito pero estou centrado no Celta, no partido contra o Valencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar