Madrid preparase para a xura da princesa de Asturias

O alcalde pediulles aos madrileños que engalanen a cidade, que saquen a bandeira aos balcóns

G24.gal 30/10/2023 14:40

O Palacio Real será este martes o segundo punto de interese. Ata aí se vai trasladar a princesa de Asturias unha vez que remate o acto no Congreso. Vaino facer en comitiva percorrendo as rúas que van dende a Carreira de San Jerónimo ata a praza de Oriente. E no traslado vai atopar unha cidade implicada con ela. Madrid preparase para outra cita histórica: o único precedente foi en xaneiro de 1986, cando o hoxe rei xurou a Constitución.

O alcalde pediulles aos madrileños que engalanen a cidade, que saquen a bandeira aos balcóns. Uns xa o fixeron e outros están niso. A bandeira loce xa nalgúns autobuses da empresa municipal de transportes. Bandeirolas coa imaxe da princesa Leonor colgan das farolas. E a súa imaxe é tamén un reclamo para as tendas de regalos.

Na Porta do Sol está en marcha a instalación dunha pantallas xigantes para seguir o acto da xura da princesa. En Callao non fai falta instalalas, porque se vai utilizar a pantalla exterior dun cine. E onde andan a cen é no Congreso. Os bombeiros botan unha man para montar o dosel de gala na fachada da cámara baixa.

E non os vimos porque hai que agardar ata mañá, pero hainos. Doces especiais, que vai ofrecer o Goberno da comunidade. E como de gastronomía estamos a falar, tabernas históricas de Madrid van deleitar os madrileños e visitantes cunha piparra, como non, coas cores da bandeira nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar