Josep Señé: "Hai que facer un bo colchón de puntos e amplialo"

Advertiu da dificultade do duelo do próximo sábado en Anduva ante o Mirandés

G24.gal 07/11/2023 16:43 Última actualización 07/11/2023 16:51

O futbolista do Rácing de Ferrol, Josep Señé, asegurou este martes que o campionato en Segunda División "é igual de complicado ao comezo que ao final" e sinalou que é "importante ir sumando" o maior número posible de puntos e que o equipo ten "un bo colchón e queremos seguir ampliándoo".

En conferencia de prensa, destacou que a liga "faise máis longa cando vai terminando porque estás a loitar polos obxectivos" e advertiu da dificultade do duelo do próximo sábado en Anduva ante o Mirandés, do que dixo que é "un rival parecido a un filial" ao ter "xente enérxica" e xogadores "moi rápidos arriba".

O deportista catalán indicou que o "equipo se está adaptando moi ben, fundamental para o bo funcionamento do grupo; reflíctese nos partidos", e considerou que o "estilo de xogar moi alegre" do Mirandés redunda en que presente "moitos espazos atrás".

Señé salientou que é "mellor ter un estilo máis recoñecible, sabemos todos a que xogamos, o que queremos; hai pequenos matices dentro dun partido, sabemos as armas que temos arriba".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar