España resolve ante Brasil e pasa á seguinte fase cun pleno de triunfos

Alicia Fernández marcou tres goles e apareceu dun xeito decisivo para facer unha recuperación con empate a 25 no marcador

G24.gal 03/12/2023 19:56

A selección española de balonmán gañou a Brasil por 25-27 no partido que enfrontaba os equipos que gañaran os dous primeiros encontros do Mundial de balonmán. Este triunfo permítelle pasar á segunda fase co pleno de vitorias.

Agardábase o compromiso máis complicado, e o partido respondeu ás expectativas. A igualdade foi máxima e ata o último minuto non se decidiu. Foi unha xogada da galega Alicia Fernández a que encamiñou o triunfo. Con empate a 25, a de Valdoviño recuperou e asistiu a Paula Arcos para darlle vantaxe á selección española. 

Alicia Fernández volveu completar un bo encontro, na liña de todo o campionato. Marcou tres goles e soubo dirixir o ataque dunha selección que terá que subir o nivel para afrontar rivais de maior entidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos