Dobrete de Amin no campo do Caión para un novo triunfo do Ourense C. F. (1-3)

O equipo galego mantense como o mellor clasificado dos nosos na 2ª RFEF

G24.gal 19/11/2023 15:09

O Ourense Club de Fútbol volveu acceder ao liderado logo de sumar a oitava vitoria da temporada no campo do Cayón. É, ademais, a cuarta consecutiva amosando o gran momento polo que pasan os ourensáns. Os de Rubén Domínguez gañaron por un a tres no campo do equipo cántabro. 

Na primeira metade marcaron Amin e Fidalgo, logo dunha gran xogada de Jerín. Chili acurtou diferenzas na segunda metade para os cántabros, pero Amín evitou calquera tipo de reacción co segundo gol da súa conta (o oitavo no campionato). Este resultado deixa o Ourense Club de Fútbol con 27 puntos, moi por riba do agardado ao comezo da temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade