Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Morgade retírase do fútbol e será o director deportivo do Ourense C. F.

Manu Morgade retírase do fútbol e será o director deportivo do Ourense C. F.

O lateral esquerdo ourensán pasará á historia como o capitán e goleador que puxo o Lugo en Segunda División

G24.gal 22/05/2024 07:46

Manu Morgade (39 anos) deixa o fútbol despois dunha longa e exitosa carreira. Seguirá no Ourense Club de Fútbol pero con outras funcións. Levará a dirección deportiva cun reto moi importante no primeiro ano da entidade na Primeira Federación. A súa misión será a de completar un conxunto competitivo á procura da permanencia. 

Manu debutou no extinto C. D. Ourense cando tiña 19 anos. Xogou no club da súa vila ata que o Lugo o reclamou, alá polo ano 2007. Da man de Quique Setién converteuse nun xogador indiscutible na posición de lateral esquerdo e o especialista nos lanzamentos de penalti. Durante 10 temporadas vestiu a camisola do Lugo. co que ascendeu a Segunda A marcando o gol de penalti decisivo na promoción contra o Cádiz. Foron 362 partidos e 19 goles co club en que máis destacou. 

Prolongou a carreira na categoría de prata na Cultural Leonesa e no Elxe ata que decidiu volver a Galicia con 35 anos. Estivo tres temporadas no Coruxo e as dúas últimas no Ourense C. F., na segunda, e celebrou outro ascenso de categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos