Diego Villares recoñece a charla do adestrador e a charla entre xogadores
Diego Villares recoñece a charla do adestrador e a charla entre xogadores
Admitiu que está a ser a semana máis dura para o equipo
Diego Villares exerceu de capitán e analizou a que está a ser a semana máis dura para o equipo do Deportivo, tras a contundente derrota recibido ante a Real Unión (3-0).
"O martes, o vestiario estaba doído e iso notábase. Custounos asimilar o resultado e, sobre todo, como o vivimos desde dentro. Transmitimos o que sentimos e iso estanos axudando a levar mellor a semana. Fixemos unha charla xeral. O míster foi o que máis falou, pero tamén nós dixemos cousas que eran necesarias. Tanto no relativo ao xogo como na intensidade sobre o campo".
"Non sei se o que faltaron foron forzas, pero rendémonos antes do que deberiamos e iso non se pode volver repetir. No descanso dixémonos que só era un gol, que non pasaba nada e que lle podiamos dar a volta. Pero trastornounos un pouco o inicio de segunda metade e iso non podemos permitilo".
A Villares sorprendeulle o sucedido.
"Desde Ponferrada, viñamos de tres partidos moi bos. O equipo estaba a ser regular e recoñecible, pero neste último viñémonos abaixo. Temos que facer borrón e conta nova. Iamos ben".
Co que non ten dúbidas é coa afección e móstrase confiado mirando ao partido do sábado (19.00 horas, TVG 2)
"A nosa afección é marabillosa; non vai perder as ganas de animarnos".
Sobre o rival, o centrocampista anticipa unha maior agresividade na presión alta.