Diego Calvo critica o pacto do BNG pola investidura de Pedro Sánchez

O vicepresidente primeiro da Xunta asegura que deste xeito unhas comunidades van ter privilexios a custa doutras

G24.gal 04/11/2023 19:04

O vicepresidente do goberno galego, Diego Calvo, non oculta a súa sorpresa ante a manobra feita por Pedro Sánchez para continuar como presidente. Entende que a condonación da débeda a Cataluña supón privilexiar unha autonomía sobre outras

Diego Calvo criticou que o BNG é "máis nacionalista que galego", ao pactar a investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez. Así o denunciou este sábado aos medios de comunicación, subliñando que o executivo galego "está sorprendido" polos diferentes pactos para a investidura de Sánchez.

"Estamos asistindo a como o partido socialista e o independentismo catalán o que fan é cambiar o Estado das autonomías que coñeciamos por un Estado onde unhas comunidades van ter uns privilexios sempre a custa doutras", criticou.

Isto faise, segundo Calvo, "única e exclusivamente" para que Sánchez poida continuar como presidente do Goberno "uns meses máis", polo que "non están de acordo". Tamén sinalou que non concordan e que ven que o nacionalismo galego é "máis nacionalista que galego" e asiste a toda a repartición "sen ningún peso específico".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade