Dépor, Lugo e Arenteiro, na procura de seguir escalando postos na táboa

Os tres equipos galegos chegan nunha boa dinámica

 

G24.gal 09/12/2023 14:51

A Primeira Federación será protagonista na tarde do domingo na G2. As 16:00 h veremos o encontro de Riazor, no que o Deportivo intentará, ante o Sestao River, darlle continuidade a unha boa semana. O triunfo en Barcelona e o bó partido copeiro ante o Tenerife cambiaron o estado de ánimo do deportivismo. Coa dúbida de Yeremay, os coruñeses afrontarán un choque no que unha vitoria ante os sestaotarras podería ser un verdadeiro punto de inflexión.

Ás 18:00 estaremos no Anxo Carro para ver o Lugo-Barça B, dous equipos separados por un punto na clasificación, loitando polos postos de playoff. Os de Munitis tamén veñen de gozar dunha semana exitosa, coa vitoria en Sestao en liga e a clasificación copeira tras o triunfo ante o Mirandés, e afrontan este compromiso con toda a ilusión.

A xornada pecharase para os galegos coa visita do Arenteiro ao Raio Majadahonda. Os de Javi Rey, eliminados na Copa polo Burgos, veñen de tres vitorias consecutivas na competición ligueira. E están centrados en seguir a boa xeira de resultados.

Os do Carballiño, sétimos clasificados, non perden de vista o obxectivo principal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos