Benítez apunta ao Cádiz: "É o momento de cambiar o ritmo para minarlles a moral"

"Gústame rotar e que todos se sintan importantes no equipo", comentou sobre a opción de repetir o once de Valencia

O adestrador recoñece a xuntanza con Calero e Campos buscando precisar os perfís para o mercado de xaneiro

G24.gal 03/12/2023 11:52

Benítez sempre fala de que a Liga é un maratón, pero recoñece a importancia do partido ante o Cádiz porque é un rival, agora mesmo, directo na zona baixa da clasificación. 

"Cando corres cun rival que está contigo é importante cambiar o ritmo porque lle podes minar a moral".

Tamén fala do perigo que ten o Cádiz, porque: "Teñen asumido que van pelexar na zona baixa e por iso sempre son un rival perigoso". 

A dúbida será a presenza de Starfelt, cunha catarreira ao longo da semana. O adestrador considera que o empate de Mestalla foi "moi positivo" pero abre a porta a algún troco no once.

"Gústame rotar, darlles a todos a oportunidade de sentirse importantes dentro do grupo".

O adestrador tamén falou do mercado de xaneiro, para o que queda menos dun mes. Benítez recoñece os contactos con Campos e Calero para buscar as posicións que necesitan. O centro do campo ou o posto de central son prioridades. 

"Non podemos mercar o que non precisamos, hai que atopar aquilo que necesitas, pero sempre miramos outras opcións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar