Aumenta a demanda para viaxar este Nadal buscando sol

O Caribe e as Canarias, os destinos máis demandados para pasar o Nadal con calor

Os prezos dos paquetes duplicáronse, e, con todo, hai algúns xa completos

As praias do Caribe e das Canarias, as máis demandadas para as vacacións de Nadal
G24.gal 08/11/2023 15:07

"A medida que nos achegamos á data de saída soben os prezos, é máis, algúns destinos e algunhas datas concretas que xa non hai dispoñibilidade, nin barato, nin caro nin nada, é dicir, xa non teñen dispoñibilidade", conta Rosa Cereijo, directora dunha axencia de viaxes.

A demanda é tan alta que a validez dos presupostos non dura nin 24 horas. "Efectivamente, hai veces que ata no mesmo día, dás un presuposto á mañá e á tarde é máis caro", continúa Rosa.

A necesidade de sol e calor dispara os prezos dos paquetes turísticos para o Nadal. O Caribe é un dos máis demandados. Ir en novembro dúas persoas anda polos 2.400 euros. "Se isto é en fin de ano sobe ata os 5.000 euros".

Tamén as Canarias é un destino preferente, pero os prezos non son para todos os petos. "A xente que busca un hotel de catro estrelas superior ou un cinco estrelas, si que teñen uns prezos tan caros coma o Caribe, estamos falando de dúas horas e media de voo, quero dicir o que encarece realmente é a estancia".

Con este panorama mellor non agardar polas ofertas de última hora. "Iso da última hora en outras datas si que as hai, no Nadal non", sentenza Rosa Cereijo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar