As comunidades esixen un trato igualitario e anuncian recursos ante a xustiza
As comunidades esixen un trato igualitario e anuncian recursos ante a xustiza
O PSOE di que o acordo sobre a débeda será extensible a outras autonomías
A sinatura do acordo entre o PSOE e Esquerra Republicana para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno pon sobre o papel a condonación de 15.000 millóns de euros a Cataluña que ata o de agora os socialistas negaban. "Son cuestións que nunca foron e nunca van ser", dicía María Jesús Montero, ministra de Facenda.
Desde o PSOE xustifican esta medida que será extensible a outros territorios para facilitar, din, a súa autonomía financeira. Cataluña é a comunidade máis endebedada, seguida por Valencia. Madrid non acudiu ao Fondo de Liquidez Autonómica e fóra deste réxime común quedan Navarra e o País Vasco.
O acordo tamén contempla compensacións para as comunidades con pouca débeda ou sen ela. Establece a posibilidade de acudir a transferencias para cancelar débedas con terceiros. Era unha das esixencias dos baróns socialistas que pedían equilibrio territorial. "A lei obriga a que o que se faga, se faga para todos", mantén Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha.
As comunidades botan contas. "Nós reclamamos igualdade entre os españois. É indigno que o presidente do Goberno estea disposto a calquera cousa pola cadeira da Moncloa", lamenta o presidente andaluz, Juan Manuel Moreno Bonilla.
Hai comunidades coma Castela e León din que levarán a medida aos tribunais. "Temos que loitar con todos os instrumentos que están ao noso alcance para que esta medida non se leve a cabo. E de producirse, iremos á xustiza", advirte o castelán leonés Fernández Mañueco.
E consideran a medida un agravio ao equilibrio territorial.