Cargando resultados...
As bandas de música populares, un legado musical con case 200 anos de historia en Galicia
As bandas populares de Galicia van celebrar do 6 ao 8 de decembro o seu congreso en Santiago, un encontro formativo con que tamén queren reivindicar os seus case dous séculos de historia
G24.gal
02/12/2023 14:30
Última actualización 02/12/2023 18:49
As bandas populares son parte fundamental da historia musical de Galicia. Case douscentos anos despois de que se fundara a primeira agrupación, hoxe están activas preto de 100 bandas con máis de sete mil integrantes. Unha proba do auxe que están a vivir son as escolas onde se forman os seus membros máis novos, que duplicaron o seu alumnado nos últimos catro anos.