Aguirre bótalle flores ao Boiro: "Xogan moi ben, vaivos soprender"

O Mallorca inicia a Copa en Galicia por segundo ano consecutivo

G24.gal 31/10/2023 18:28

Este mércores será un día de festa en Barraña. Os xogadores do Boiro, que militan na Preferente Norte, tentarán sorprender ao Mallorca. Entre os dous equipos hai 5 categorías de diferenza. Pase o que pase será un día para lembrar. 

No Mallorca, de feito, non se fían do Boiro. O Vasco Aguirre mirou tres partidos do equipo galego e quedou sorprendido pola calidade do seu xogo. Aguirre non quere sorpresas e asegura que "contra o Barcelona ou contra o Boiro, quero un Mallorca que sexa recoñecible". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar