Abegondo chama á porta e pide un voto de confianza na revolución xuvenil

Kevin Sánchez é a última perla do filial

Foto @RCDeportivo
G24.gal 07/12/2023 15:28 Última actualización 07/12/2023 15:32

A Copa deixou máis esperanza de futuro ca bagoas en Riazor. Saltan aos titulares un rapaz de Silleda de dezanove anos, Rubén López, un de Teo de dezaoito, David Mella, e un burgalés da mesma quinta, Kevin Sánchez.

Os dous últimos son pedras preciosas da canteira. Dous internacionais co España en categorías de base. Do valor de Mella xa había constancia. Un foguete na banda. 3 goles xa na temporada. Coma el, do 2005 destápase Kevin Sánchez. Dianteiro xuvenil, internacional sub-19, que non agocha que chorou tras marcar o seu primeiro gol en Riazor

"Marcar na miña estrea é un soño. Chorei coa emoción".

Foi de cabeza, cunha temperanza que pareceu disimular que a procesión ía por dentro e encollía as pernas

"Mellorar cada día co filial e a seguir".

A seguir, porque o fútbol non dá tregua. Para el, para Barcia, ao seu carón na sala de prensa, para Rubén e para Mella o camiño ao cumio non fixo máis ca principiar. No peor momento da historia do Deportivo, Abegondo chama á porta e pide un voto de confianza na revolución xuvenil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade