A Xunta pide ao Ministerio de Transportes transparencia sobre as obras do AVE
A Xunta pide ao Ministerio de Transportes transparencia sobre as obras do AVE
O último tramo entre Seixalbo e Ourense non aparece na planificación do Adif
Xorde outro problema para a alta velocidade en Galicia: o último tramo entre Seixalbo e Ourense non aparece na planificación do Adif. A Xunta solicita información ao Ministerio de Transportes e acusa o Goberno de recortar os investimentos para as infraestruturas en Galicia.
O treito entre Taboadela e Ourense mantén o antigo trazado de vías, polo que os trens de alta velocidade só poden circular a cen quilómetros por hora. Hai unha parte do treito que está en obras. Pero os últimos quilómetros, entre Seixalbo e Ourense, non aparecen na planificación do Adif.
No último encontro, a comezos deste mes, entre Xunta e ministerio, este último non trasladou ningunha información sobre a planificación destas obras. Si falou o secretario de Estado, David Lucas, da chegada dos trens Avril no primeiro trimestre do 2024. A Xunta pide máis precisión, unha vez que no Congreso o Ministerio trasladou que os trens Avril chegarían a Galicia canto antes.