A selección concéntrase nas Rozas antes do partido ante Italia en Pontevedra

Alexia Putellas abandona a concentración e Irene Paredes continúa

G24.gal 27/11/2023 15:30 Última actualización 27/11/2023 17:49

A selección española de fútbol, pendente dos problemas físicos das blaugrás Alexia Putellas e Irene Paredes, concentrouse este luns na Cidade do Fútbol das Rozas para preparar os partidos ante Italia, en Pasarón, e Suecia da liga de Nacións os días 1 e 5 de decembro, respectivamente. O dobre balón de ouro Alexia Putellas, que arrastra molestias no xeonllo despois de recibir un golpe ante o Benfica en Liga de Campións, e Irene Paredes, baixa nos últimos partidos do Barça tras sufrir unha amigdalite, chegaron este luns á concentración a pesar de non estar ao cen por cento.

"Alexia e Irene son dous casos especiais e faremos un seguimento a todos os niveis, con servizos médicos, readaptación e preparación física, pero por iso convocamos a 25 xogadoras", xustificou a seleccionadora española Montse Tomé en días atrás cando ofreceu a convocatoria.

Finalmente Alexia Putellas abandonou a concentración e Irene Paredes continúa. Alexia, Barça e RFEF acordaron non forzar. Non hai lesión, pero quere descansar ben o xeonllo.

Acudiu ata Las Rozas por cortesía e por volver ver as súas compañeiras e manter a unidade do grupo.

Volven ás Rozas algunhas xogadoras como Eva Navarro, María Pérez e Fiama Martínez, que non estiveron na anterior cita, así como a gardameta Enith Salón, que tivo que abandonar a anterior convocatoria por lesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos