A probabilidade de erupción volcánica segue sendo alta en Islandia

As autoridades comezan a levantar barreiras de protección contra a lava

Situación en Islandia
G24.gal 16/11/2023 14:07

En Islandia, a fenda aberta na cidade de Grandavík continúa medrando e emitindo gases que obrigaron a desaloxar a zona. A probabilidade dunha erupción volcánica segue sendo alta e as autoridades comezaron a levantar barreiras de protección contra a lava.

A cada hora que pasa aumenta a probabilidade dunha erupción volcánica no suroeste de Islandia.
Ademais, a fenda aberta en Grandavík segue ancheando e aumentan os niveis de dióxido de xofre medidos na atmosfera, o que indicaría un achegamento do magma á superficie.

A cidade foi evacuada hai unha semana, pero os veciños poden regresar en pequenos grupos recoller as súas pertenzas. Onte todos eles foron desaloxados de inmediato.

“Onte estiven en Grindavík e todo está moi danado, así que é difícil ir alí e velo todo así”, di Eythor Reynisson, que naceu nesa pequena localidade costeira do suroeste da illa, onde aínda reside parte da súa familia.

As autoridades islandesas iniciaron a construción de barreiras contra a lava de seis metros de altura para protexer a planta eléctrica e o balneario xeotermal que hai preto de Grandavík.
No resto do país a situación é de absoluta normalidade.

“O ambiente na capital, Reikiavick, e no resto do país é moi tranquilo. Hai turistas por todas partes. Incluso na fin de semana, que Reikiavick está máis preto ao volcán, había xente nos bares e nas rúas mercando sen ningunha preocupación”.

Nas últimas horas os sismógrafos rexistraron 800 terremotos na zona de Grandavík, case todos de magnitude inferior a dous.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade