A ponte de decembro arranca coa gasolina e o gasóleo á baixa

A gasolina está no nivel máis baixo en seis meses

G24.gal 06/12/2023 14:37

O que segue en descenso é o prezo dos combustibles. Un respiro para os que enchen o depósito nesta ponte, especialmente se a comparamos coa de hai un ano. De media pódese aforrar ata trece céntimos por litro de gasóleo. No caso da gasolina serían dous céntimos.

A gasolina está no nivel máis baixo en seis meses. O custo medio da sen chumbo 95 sitúase en 1,569 euros por litro e 1,74 a sen chumbo 98.

O gasóleo está de media en 1,543. Un valor que non se rexistraba desde a segunda semana de agosto. E o A+ en 1,653 euros por litro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade