A música electrónica de vangarda, no Fanzine Fest, ata o sábado na Coruña

Combina artistas emerxentes galegos con figuras de referencia

G24.gal 06/12/2023 21:17 Última actualización 06/12/2023 21:43

Coa banda sonora do artista galego de música electrónica Ungar, o retablo do templo preséntase como un lenzo que o público enche de cor cunha paleta virtual á que dá orixe o movemento da man. Esta é a proposta que trae á igrexa das Capuchinas o Colectivo MOM.

"O uso de software dixitais e sensores onde combinamos dun xeito sensorial porque o que queremos é que sexa como unha peza na que te integres directamente", comenta Óscar Domínguez, integrante do Colectivo MOM.

"Non temos algo moi definido porque o que nos gusta é experimentar sobre todo coa fusión de arte e tecnoloxía. No Fanzine temos propostas como esta, onte presentamos unha videocreación e o sábado faremos un set de visuais en directo", engade a integrante do Colectivo MOM Myriam Pato.

A igrexa das Capuchinas é, xunto co Castelo de San Antón, unha das novas sedes incorporadas este ano no Fanzine Fest, o festival de música electrónica que se celebra na cidade da Coruña ata o vindeiro sábado.

O codirector do festival, Pablo Cubeiro, sinala que "o que buscamos é sacar a música electrónica dos espazos nos que habitualmente se traballaba para levalos a espazos icónicos que temos na cidade. Buscar ese vínculo máis completo das artes, tanto a música coas artes visuais coa arquitectura".

Un Fanzine Fest que por noveno ano combina artistas emerxentes galegos con figuras de referencia internacional na creación electrónica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar