Facenda confirma que o Estado aplicará o mesmo criterio para condonar a débeda das comunidades
O PP acusa o Goberno en funcións de darlle un trato de favor a Cataluña no financiamento autonómico
A ministra de Facenda en funcións confirmou no Senado que o Estado aplicará o mesmo criterio para condonar a débeda en todas as autonomías, incluso nas que non recorreron ao Fondo de Liquidez Autonómica, como é o caso de Galicia. Respondeu así ao PP, que acusa o Goberno de darlle un trato de favor a Cataluña.
"Un acordo entre dous partidos nunca pode suplantar a vontade de 19 gobernos autonómicos lexítimos. Nunca. E iso é o que vostede están facendo", dixo o senador popular José Manuel Barreiro.
María Jesús Montero, ministra de Facenda en funcións, contestoulle: "Están mentindo ao dicir que se lles vai facer un trato de favor a Cataluña á custa do resto de comunidades. E para que lles quede claro, xa lles anuncio que o mesmo criterio que se aplique con Cataluña vaise aplicar ao resto de comunidades autónomas, porque nós velamos pola igualdade"