Zavala: "Vivimos nun mundo rápido, sen tempo para pensar, diso fala o noso disco"

Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica) foi editado por Ferror Records

Zavala fai unha fusión de música acústica e electrónica, textos persoais e unha proposta innovadora

Mestura o máis orgánico e melódico da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos e matices do tradicional

Carla Romalde e Victor Ledo, de Zavala
G24.gal 10/11/2023 14:52 Última actualización 10/11/2023 16:35

Con Un domingo eterno soprendéronnos e despois fóronnos acostumando ao seu son con mundos sobrenaturais, libélulas urbanas, tormentas de pasos errantes.

Carla Romalde, Ana Lage, Carlos Castro e Víctor Ledo son Zavala. Acaban de publicar Pequeno Manual Para Grandes Cambios I (teor​í​a e práctica) con Ferrror Records. O disco está desde onte en todas as plataformas dixitais e proximamente cremos que será tamén un vinilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos