Xurxo Ayán: "A etnoarqueoloxía do SEG quixo amosar o vencello galaico miñoto"

O SEG foi un proxecto ideolóxico: Galicia como cultura prehistórica atlántica en unión co norte de Portugal

Aplicaron innovacións metodolóxicas ao facer arqueoloxía de campo de carácter científico

Foi moi importante a figura de Sebastián González García-Paz, primeiro arqueólogo da USC e posteriormente exiliado en Porto Rico
 

G24.gal 30/10/2023 15:06 Última actualización 31/10/2023 12:09

O Seminario de Estudos Galegos naceu en Ortoño, no concello de Ames, hai cen anos, pero o xérmolo é anterior, coa Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas, en Pontevedra. Hoxe falamos con Xurxo Ayán destes pioneiros na investigación arqueolóxica galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar