Cargando resultados...
'Un pequeno xardín. A metáfora dun mundo imaxinado': cinco artistas fronte á paisaxe
Obras de Nuria Figueiro, Maritza Berttolini, Marta Fortes, Luján Grassí e Brenda Novas
A natureza como inquedanza plásmase en pintura, cerámica e tecidos e ilustración dixital
G24.gal
22/11/2023 17:09
Ata o 10 de xaneiro a Sala Rosalía de Castro da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, acolle a mostra 'Un pequeno xardín. A metáfora dun mundo imaxinado'. Trátase dunha mostra multidisciplinar de 5 mulleres que constrúen paisaxes reflexo das súa personalidade. Así é a obra de Mariza Berttolini, Nuria Figueiredo, Marta Fortes, María Luján e Brenda Novas.