'Os suicidantes': a novela gráfica onde Compostela respira escuridade

Os suicidantes é unha novela gráfica negra que nos sitúa nunha Compostela distópica na que os suicidios son un andazo 

Ilustrada en branco e negro por Tomás Guerrero, Os suicidantes é a estrea de Diego Ameixeiras como guionista de novela gráfica

O libro, editado por Xerais, inclúe unha ruta polos escenarios da cidade de Santiago que aparecen na trama da novela

G24.gal 30/11/2023 15:07 Última actualización 30/11/2023 16:39

"A morte que nos consola, a morte que nos obriga a vivir", este verso de Baudelaire sae da boca dun personaxe de cómic. Ela é Marion, unha aplacadora de dor. É a número 523 do grupo de Os suicidantes, unha novela de gráfica, asinada por Diego Ameixeiras, no que é o seu primeiro guión de cómic e o debuxante Tomás Guerrero. Unha distopía desacougante que se localiza nas rúas da vella Compostela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar