Cargando resultados...
Nones Araújo: "A madriña non quería que ningún máis me quixese agás ela"
Nones Araújo: "A madriña non quería que ningún máis me quixese agás ela"
Nones Araujo gañou con A madriña o I Premio de Novela Curta Alén, convocado polo Concello de Ares
A novela relata a vida de soidade e desamparo dunha nena como consecuencia da emigración familiar a finais dos anos 50
G24.gal
14/11/2023 15:07
Última actualización 14/11/2023 16:37
A madriña é a novela que gañou o Premio de Novela Curta Alén. A súa autora, Nones Araújo, fala da profunda soidade dunha desas nenas que tivo que quedar mentres seus pais emigraban a outro país. Era a Galicia dos anos 50 e o eco desas situacións familiares aínda resoa no tempo.