Ana Expósito: "Cada vez somos máis superficiais en canto á información de guerra"

A miniserie documental Mulleres en acción, mundos orfos podemos vela na web de A Casa Encendida

Fronte á banalización das guerras, as voces das reporteiras deste documental ofrécennos un relato intenso e próximo da súa experiencia

Fotograma do documental 'Mulleres en acción, mundos orfos'
G24.gal 24/11/2023 14:49 Última actualización 24/11/2023 16:42

Mulleres en acción, Mundos orfos é o titulo da miniserie documental que conta as experiencias de catro reporteiras de guerra, entre elas a nosa compañeira Ana Expósito, quen durante anos cubriu informativamente para a TVG enfrontamentos armados como a guerra do Golfo ou a de Kosovo. O propósito do documental: rescatar do esquecemento países e zonas en conflito hoxe abandonados polos medios e a comunidade internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar