Lavadoiro de Ana Amado, como filmar os espazos de traballo e sororidade

Lavadoiro é un proxecto documental da arquitecta Ana Amado e o cineasta Lois Patiño

El amor de Andrea, o filme sobre adolescentes de Martín Cuenca

Teresa, un filme de diálogos existenciais e imaxes surrealistas

G24.gal 23/11/2023 14:57 Última actualización 23/11/2023 16:43

Lavadoiro saca á luz o sacrificado traballo das lavandeiras durante anos, un labor pouco recoñecido e non pagado. Ana Amado quixo investigar eses lugares como puntos de encontro, espazos reservados ás mulleres, centros de conversación e sororidade, en definitiva, puntos de socialización e desafogo.

El amor de Andrea, de Manuel Martín Cuenca, é un drama social, sinxelo e naturalista que nos conta os desvelos dunha adolescente que busca o amor de seu pai. separado da súa nai. O director escapa dos estereotipos da Andalucía e optou por filmar en inverno, centrándose en barrios obreiros que mesmo poderían estar en Ferrol e nas estreitas rúas do centro de Cádiz.

Teresa, de Paula Ortiz, está protagonizada por Blanca Portillo. O filme céntrase no momento en que vai ser xulgada polo Santo Oficio e agarda a chegada dun Inquisidor. É unha adaptación da obra de teatro A lingua en pedazos, de Juan Mayorga, moi esixente para o espectador. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos