Juan de Nieves: "Caruncho observaba o mundo a través dunha xeometría sexy"

'Caruncho. Xeometría Mundi' propón unha inmersión no mundo creativo de Luis Caruncho a través de máis de cen obras

Esculturas, pinturas, deseños en aceiro, pezas en madeira ou fotografías forman parte da mirada global na obra Caruncho

'Caruncho. Xeometría Mundi', ata o 17 de febreiro na Sede Afundación, A Coruña

Juan de Nieves, comisario da exposición Xeografía Mundi
G24.gal 01/12/2023 15:15

"Hai artistas colosais que utilizan a xeometría como fin da súa obra, eu utilízoa para chegar a algunha parte" Isto dicíao o artista Luis Caruncho nunha entrevista en 2013. Hoxe ímonos mergullar no seu mundo creativo a través dunha mostra restrospectiva que acaba de inaugurarse na Sede Afundación da Coruña. Luis Caruncho foi unha das figuras máis importantes da arte galega da segunda metade do seculo XX. Investigou incansablemente sobre a liña, o espazo e a cor. As repeticións, as series, a xeometría como método para interpretar o mundo. Dicía que el nunca remataba un cadro sen empezar outro, cos lezos ou as táboas pegadas como unha continuidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar