Cargando resultados...
Joel Blanco: "Os da xeración Pokemon temos a sensación de chegar tarde ao sistema"
Joel Blanco: "Os da xeración Pokemon temos a sensación de chegar tarde ao sistema"
A inauguración foi a intervención gañadora do 12º Encontro de Artistas da Cidade da Cultura
A peza cuestiona a cultura consumista e as conexións entre mercado, capitalismo e materia prima
Participaron na performance El Andrés, Sara Gema e Eléonore Ozanne e obras de Lúa Gándara e Los Bravú entre outros
G24.gal
12/11/2023 11:30
Última actualización 13/11/2023 12:08
Chegaches tarde algunha vez a unha festa e iso fixo que xa non puidésedes gozar de pleno? Esa é a sensación que quere recrear o artista Joel Blanco na Cidade da cultura. A súa peza chámase a Inauguración, e son precisamente os restos desa festa o que podemos atopar estes días nas Torres Hejduk. Un convite a reflexionar dende a ironía sobre o sistema cultural e o mundo do consumo.