Centenario de Maria Callas, o mito amplifícase

A española Elvira de Hidalgo iníciaa nos segredos do bel canto, que ela resucitaría a mediados do século XX

Baixaba case ata a tesitura de mezzo e subía ata notas imposibles. Era unha soprano sfogata

A súa interpretación de Violeta na Traviata no teatro San Carlos de Lisboa cun novísimo Alfredo Kraus elevouna á categoría de lenda
 

G24.gal 24/11/2023 14:42 Última actualización 24/11/2023 16:28

O dous de decembro cúmprense cen anos do nacemento de Maria Callas. A súa voz, a súa inmensa capacidade dramática, o seu carisma e a súa lenda seguen a exercer unha fascinación sobre o público difícil de superar. Teatros de todo o mundo celebran o centenario, estréanse documentais e búscanse gravacións inéditas. Como lle aconteceu en vida, o canibalismo cultural segue a devorar a personaxe pero non logra apagar a mensaxe da súa extraordinaria voz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar