'As damas de Ferrol', unha peza teatral sobre a subsistencia nunha cidade hostil

Teatro do Noroeste renova unha peza que Eduardo Alonso escribiu hai máis de 20 anos

É unha comedia negra en que dúas irmáns se debaten entre a fantasía e a realidade 

A cidade de Ferrol tamén é protagonista desta peza con marcada crítica social
 

G24.gal 01/12/2023 15:10 Última actualización 01/12/2023 16:18

Unha comedia negra en espiral onde dúas supostas irmás viven entre fantasía e realidade. Así é 'As damas de Ferrol', a montaxe que esta noite estrea a compañía Teatro do Noroeste no Jofre de Ferrol. O texto de Eduardo Alonso, que se levou a escena hai xa máis de 20 anos, renóvase cunha nova liña de traballo, baixo a ollada e a dirección de Clara Gayo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar