Cargando resultados...
Os reis de España estreitan lazos con Dinamarca nunha visita de Estado ao país nórdico
Filipe VI foi recibido pola raíña Margarita e esta tarde reunirase coa primeira ministra danesa

G24.gal
06/11/2023 15:06
Os reis xa están en Copenhague para realizar unha visita de Estado de tres días. É a súa primeira viaxe oficial ao país escandinavo, e ten como obxectivo reforzar as relacións bilaterais.
Esta mañá foron despedidos con honores no aeroporto de Baraxas antes de partir a Copenhague, onde foron recibidos pola raíña Margarida e os príncipes herdeiros.
Esta tarde Filipe VI reunirase coa primeira ministra danesa, e mañá participará nun foro empresarial antes de ser recibido no Parlamento.