Un camposanto acorde aos tempos

O cemiterio de Lugo acolle un espazo de dó perinatal e ofrece música ou teatro
 

G24.gal 30/10/2023 14:30 Última actualización 30/10/2023 14:49

A apertura dun espazo expositivo cadrou co setenta e cinco aniversario do cemiterio de Lugo, un camposanto que reflicte os cambios sociais.

Unha parte do camposanto, deseñado polo arquitecto Eloi Maquieira, conserva un importante patrimonio escultórico con panteóns e mausoleos que axudaron a que National Geographic o destacara como un dos máis bonitos do mundo. Ademais, trátase dun cemiterio que alenta a súa vida coa celebración de actividades como concertos ou obras teatrais.

A última ampliación rematouse hai dous anos e nos 108.000 metros cadrados que ten hai cabida para todos, mesmo para un acubillo para o do perinatal.

O cemiterio aconfesional de Lugo tamén reflicte a progresiva tendencia social á incineración, que aquí se estima nun 30 %, con espazos específicos para o depósito das cinzas.

Respondendo á demanda social, esta necrópole tamén acollerá o primeiro cemiterio municipal de mascotas de Galicia, xa que os que existen ata o de agora son privados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade